Skip directly to content

Danza Moderna e Claqué

Profesora: Gail L. Brevitt Lénton

Natural de Birmingham e agora residente en España, Gail é profesora titulada pola Real Academia de Danza de Inglaterra. Completou os seus estudios profesionais na escola vocacional "Laine Theatre Arts" de Londres ao mesmo tempo que desenvolvía experiencias prácticas de ensino e de actuacións en obras musicais.

Ten experiencia de máis de 20 anos no ensino do Ballet Clásico, Danza Moderna e Contemporánea, Danza Claqué e Danzas Tradicionais do Mundo.

Así, ten preparado alumnos para exámenes a todos os niveis, mesmo profesionais, e desenvolvido espectáculos de danza e teatro musical de variados estilos.

Desde o ano 1997, Gail ten sido profesora invitada na cidade de Santiago, impartindo cursiños de diversas materias, sobre todo na posta a punto dos programas dos exames da Royal Academy of Dance, da que é especialista.